Principais pasos a efectuar na plataforma online:

1- Renovar a cota de socio/a de Abertal entrando no apartado “Renovación/alta socio/a” e ter cumprimentada a documentacion mínima exisida para este paso.

2- Unha vez solicitada podes facer o pago da mesma tendo 2 opcións:

a. Pago directamente na plataforma con Tarxeta de Debito/Credito mediante o TPV virtual.

b. Achegarte a oficina de Abertal onde poderas efectuar o pago en efectivo ou tarxeta.

3- Se tes algun destinatario menor non esquezas inscribilo na actividade na que participa no menú “Inscripción en actividades”.

4- Se es maior de idade e participas nalgunha das actividades (Catecumenado, Comunidade Xuvenil…) podes inscribirte da mesma forma en “Inscripción en actividades”.

5- Se tes que inscribir a agun destinatario menor nalgunha actividade especial, poderás facelo en “Asinar autorizacións”.

Documentos de axuda para o rexistro na plataforma de xestión – area privada:

Se tes algunha dúbida podes porte en contacto con nos no enderezo de correo electrónico que aparece no documento de axuda.

Modalidade de Socios/as:

– Infantil (ata 14 anos): 35€

  Dá dereito a participar nas actividades da asociación, beneficiándose de descontos.

– Xuvenil (de 15 a 17 anos, ambos incluidos): 35€

  Dá dereito a participar nas actividades da asociación, beneficiándose de descontos.

Pode participar nas asembleas da asociación, con dereito a voz, pero sen voto. 

– Colaborador (de 18 anos en diante): 20€

  Debe participar de forma activa na vida da asociación. 

Dá dereito a participar nas actividades da asociación, beneficiándose de descontos.

  Debe participar nas asembleas xerais da asociación, con dereito a voz e voto.

(*) No caso de varios socios/as da mesma unidade familiar a cota máxima a pagar será de 55€