Carta de Presentación
Europa A Punto somos un Servizo de Información Xuvenil e Asesoramento sobre Recursos Europeos a nivel autonómico que pretendemos: informar, motivar, acompañar e promover a participación e o aproveitamento dos recursos que existen a nivel europeo.
Non pretende ser un simple informador, queremos dinamizar e promover a participación... especialmente dirixido a mozos a mozos/as de 13 a 30 anos; educadores/as e entidades xuvenís ou educativas (Institutos, colexios, Universidades...) que queiran participar nun proxecto ou iniciativa en Europa de forma individual ou en grupo.
Nace dentro de Abertal, unha asociación xuvenil que traballamos con Infancia e Mocidade en Vigo dende 1979, e que na actualidade, somos Entidade Coordinadora do Programa Juventud en acción da Unión Europea, e posto local en Vigo de Eurodesk.
Somos un servizo en rede coa Escola de Tempo Libre Don Bosco, que ten unha oficina A Punto en Santiago de Compostela e ampla experiencia no programa Juventud e en servizos de formación e asesoramento en Tempo Libre e Voluntariado, e contamos ademáis coa colaboración da Obra Social de Caixanova como entidade colaboradora.
Contacta connosco no teléfono 986.22.56.62 e no mail: Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo








