O Programa
O programa "XUVENTUDE EN ACCION" é unha proposta da Comisión Europea, o Parlamento Europeo e os estados Membros da Unión Europea, que acordaron para o período de 2007-2013 o desenvolvemento deste programa, continuación do programa MOCIDADE que tivo lugar de 2000 a 2006.

é un programa de EDUCACIÓN NON FORMAL que se articula ao redor de 5 accións abertas, enfocadas cada unha delas á participación de mozas con idades comprendidas entre os 13 e 30 anos e de quen traballan no ámbito da mocidade. As persoas solicitantes deben ser residentes dos Estados membros da Unión Europea, aínda que tamén contempla a participación de mozas de países socios.
Unha prioridade importante para a Comisión Europea é que mozos/as con menos oportunidades, xa sexa por razóns culturais, económicas, sociais, xeográficas ou con algunha discapacidade física ou mental, poidan participar no programa.
Entre os obxectivos do programa destácanse os seguintes:
- Promover a cidadanía activa da mocidade
- Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia
- Favorecer o entendemento mutuo entre mozos de países diferentes.
- Favorecer a cooperación europea no ámbito da mocidade.
As cinco accións que desenvolve este programa son:
Acción 1. A mocidade con Europa
- Os intercambios de mozos ofrecen a grupos de mozos (en principio de 13-25 anos) procedentes de diferentes culturas, a posibilidade de atoparse e de coñecer mellor as súas culturas respectivas.
- As iniciativas de mozas permiten prestar apoio a proxectos de grupos deseñados a nivel local, rexional e nacional, así como a conexión en rede de proxectos similares entre distintos países. Especialmente dirixidas a mozos entre 18-30 anos.
- Proxectos de democracia participativa, apóiase a participación de mozas na vida democrática da súa comunidade a nivel local, rexional, nacional ou internacional, esta acción esta dirixida a mozas entre 13-30 anos.
Acción 2. Servicio Voluntario Europeo
- Esta acción ten por obxecto fomentar a participación xuvenil en distintas formas de actividades de voluntariado. Dirixida a mozos de entre 18-30 anos que participan colectiva ou individualmente en actividades non lucrativas e non remuneradas.
Acción 3. A Mocidade no mundo
- Permite apoiar proxectos cos países socios, principalmente intercambios de mozos e de quen traballan no sector da mocidade e en organizacións xuvenís, así como desenvolver asociacións e redes entre as organizacións de mozas.
Acción 4. Sistemas de apoio á mocidade
- Esta destinada a apoiar aos organismos activos a nivel europeo no ámbito da mocidade, en particular ao funcionamento de organizacións non gobernamentais da mocidade.
- Está destinada a desenvolver a calidade das estruturas de apoio, apoiar o labor de quen traballan no sector da mocidade e mellorar a calidade do programa.
Acción 5. Apoioá cooperación europea no eido da mocidade
- O obxectivo desta acción é promover o dialogo entre os distintos axentes do mundo da mocidade. Apoiar seminarios de mozos, seminarios nacionais e transnacionales, contribuír ao desenvolvemento da cooperación política no ámbito da mocidade e apoiar a cooperación das organizacións non gobernamentais.
Países participantes
- Estados membros da Unión Europea (UE): Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Republica Eslovaca, Rumania, Suecia.
- Países participantes que pertencen á Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) que son membros do Espazo Económico Europeo (EEE): Islandia, Liechtenstein, Noruega.
- Países participantes no programa que son candidatos á adhesión á Unión Europea: Turquía.
- Sueste de Europa: Albania, Antiga Republica Iugoslava de Macedonia (AYRM), Bosnia e Herzegovina, Croacia, Montenegro, Serbia.
- Europa Oriental e Caúcaso: Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Federación de Rusia, Xeorxia, Moldavia, Ucraína.
- Países Socios mediterráneos: Alxeria, Autoridade Palestina de Cisxordania e a Franxa de Gaza, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Marrocos, Siria, Tunes.







