Eurodesk

Desde o mes de Abril formamos parte da Rede EURODESK. Un servizo de información sobre programas e iniciativas europeas, dirixido non só ás persoas novas senón tamén aos que traballan no ámbito da mocidade: educadores, técnicos de mocidade, voluntarios... Este portal centra a súa atención na información relativa ás áreas de educación e formación e mocidade co obxectivo de involúcresche en diferentes actividades europeas.

En EURODESK podes gozar de información de primeira man, obtida directamente da Comisión Europea e outras axencias de similar grao. Ademais, o servizo ofréceche tamén información nacional recollida de diversas fontes polos socios dos países participantes. Os socios de Eurodesk son principalmente centros xuvenís, asociacións xuvenís, concellos, e calquera institución interesada no traballo con mozos a nivel europeo.

Estamos conectados a través dun programa informático que nos permite comunicarnos de forma rápida e eficiente.

Podes consultar o boletín de información que se publica todos os meses e atopar información actualizada sobre solicitudes de programas españois e europeos, así como noticias de educación, formación e mocidade.

Non esquezas que podes mandarnos a túa consulta directamente á dirección Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo para que podamos contactar con calquera dos 900 postos locais que hai en toda Europa e así recibir a información directamente ao teu correo!

Se queres coñecer máis a fondo a páxina pica en  www.eurodesk.org

 

AbertalFundación Caixanova

Desarrollado por Hacce Soluciones TIC. Diseño web