¿ Onde durmir?

HI – Hosteling International

Esta Rede Internacional de Albergues Xuvenís ten máis de 90 Asociacións de Albergues Xuvenís repartidas por máis de 80 países, que xestionan máis de 4.000 albergues. A diferenza dos moteles anodinos, hoteis pouco familiares e establecementos para mochileros de pouco fiar, os Albergues Xuvenís de HI son lugares divertidos e animados onde che resultará fácil coñecer e facer amizade con cantidade de persoas de ideas afíns. HI é unha organización asociativa sen fins de lucro: www.hihostels.com

Hostelworld

Esta rede proporciona reservas confirmadas online tanto para albergues como para aloxamentos económicos e para tours, así como un amplo contido en guías e suxestións de países e cidades: www.hostelworld.com

Hostelbookers

En 2003 HostelBookers empezou coa simple idea de unir un amplo número dos mellores albergues, backpackers e outros aloxamentos para viaxeiros que queren aloxarse sen pagar cotas de reserva: www.hostelbookers.com

Hostels.com

É un recurso para albergues e alberguistas por igual. Conta cun equipo de investigadores que permanecen en contacto con viajantes de todo o mundo para actualizar continuamente a base de datos dos hostais. Contén unha base de datos de albergues detallada contando con preto de 25,924 albergues en todo o mundo. Hostels.com tamén ofrece información detallada para o viaxeiro independente e o alberguista, con historias de viaxes, unha newsletter? Tamén ofrecen a posibilidade de adquirir seguro de viaxes, billetes de tren e actividades e tours: www.hostels.com

The Hospitality Club

Este Club é realidade grazas a voluntarios que cren que pondo en contacto aos viaxeiros con persoas do lugar que visitan e dándolles a estes últimos a oportunidade de coñecer persoas doutras culturas pódese facer deste mundo un lugar mellor para vivir. O seu obxectivo é achegar á xente - anfitrións e invitados, viaxeiros e nativos. Os membros de Hospitality Club de todo o mundo axúdanse os uns aos outros cando viaxan, xa sexa dando un teito baixo o que durmir pola noite ou cunha visita guiada pola cidade. Unirse ao Club é gratuíto e todo o mundo é benvido. Os membros poden mirar as características doutros membros en Internet unha vez que se rexistraron e foron aceptados. Entra no Club e empeza a facer novos amigos!! www.hospitalityclub.org

 

 

AbertalFundación Caixanova

Desarrollado por Hacce Soluciones TIC. Diseño web