Benqueridas familias:

Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar, e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que desenvolvemos desde o Centro Xuvenil Abertal, facemos a proposta das “XII MAÑÁS DE SEMANA SANTA”:

  • Datas: 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril
  • Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio Salesiano.
  • Destinatarios/as: Nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos) ata 6º de Primaria incluídos.
  • Horario:

      * Entrada: de 08:30 a 09:15 (por CX Abertal, R/ Venezuela 3, baixo).

      * Saída: de 13:45 a 14:30 (por CX Abertal, R/ Venezuela 3, baixo).

  • Prazo de inscrición: do 4 ao 19 de marzo.
COTASCota normalSocio/a da ANPA do Colexio Salesiano ou Socio/a de AbertalSocio/a da ANPA do Colexio Salesiano e tamén socio/a de Abertal
Actividade completa (os 4 días)55 €50 €45 €
Días soltos15 €14 €13 €

Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os nenos e nenas, promover unha Semana Santa activa e participativa e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

Horario Información: luns a venres de 09:30 a 13.30, e martes e xoves de 16:30 a 18:30.

Teléfonos: 986 225 662 / 606 644 246  /  Correo electrónico: abertal@abertal.org

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que o exprese directamente en Abertal, para buscar a mellor solución.